jueves, 29 de mayo de 2025

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025

 

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:

  • Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).

  • Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de presentación de solicitudes de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.

 

jueves, 24 de abril de 2025

Resolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2024/25

 

Xúntase a Resolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2024/25.

 


Modificación na normativa de acceso ás EASD

 

Supresión da proba que substitúe o bacharelato no acceso aos Graos
Tras recibir instrucións específicas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ao respecto da aplicación da Lei 1/2024, de 7 de xuño, pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais (LEA), comunicamos a supresión da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superioresagás para as persoas menores de idade a partir dos 16 anos que manifesten precocidade e que opten ao acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música e Danza, segundo o indicado no artigo 7.3 da Lei 1/2024, de 7 de xuño.

Deste xeito, para o acceso aos Graos o alumnado deberá contar co titulo de bacharelato e non haberá posibilidade de obtelo no proceso de acceso. Sí poderán obtelo a través da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (Resolución do 21 de febreiro de 2025), que para cando fumos informados, xa pechara o prazo de inscrición.

No caso do acceso ás Ensinanzas profesionais, mantense esta proba como en cursos anteriores.

Títulos de acceso directo ás Ensinanzas Profesionais (Ciclos Superiores)
As titulacións que permiten solicitar acceso directo aos Ciclos Superiores son:
  • Título de Técnico ou Técnica de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Cumprir os requisitos académicos para o acceso mediante proba e acreditar experiencia laboral relacionada coas competencias do ciclo ao que se opta de polo menos un ano.
Deste xeito, no caso de ter un título de técnico medio ou superior de Artes plásticas e deseño poderían solicitar acceso directo, aínda que non sexa da mesma familia profesional.

Solicitude de acceso directo e proba específica
Na charla impartida, comentamos a posibilidade de facer a solicitude de acceso a un ciclo dunha familia profesional a través de acceso directo e facer outra solicitude para outra familia con proba específica. 
Coa convocatoria recén publicada, soubemos que esta opción non é posible, e que cando as persoas aspirantes fan a solicitude de acceso, poden seleccionar só unha vía (acceso directo ou proba específica) pero para ciclos de calquera famlia profesional. Deste xeito, cunha soa solicitude de inscrición, pódese ter acceso a ciclos de calquera familia profesional.


martes, 22 de abril de 2025

Convocatoria e instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26

 Resolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:

- Para aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 13 de xuño de 2025.

- Para aspirantes que NON soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 26 de xuño de 2025.

 

A tramitación para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática:  https://www.edu.xunta.gal/eas/

A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes. (consultar a guía de acceso).

viernes, 4 de abril de 2025

Encontros Virtuais na Zona USC

 os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 14 e 15 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (os contidos están actualizándose).

Na mesma, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.
 

Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia, Centro de Linguas Modernas, ...

miércoles, 26 de marzo de 2025

UDC XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Universidade Da Coruña | iAgua 

 Os días 10 e 11 de abril de 2025 en horario de tarde no Campus da Coruña van ter lugar unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a Universidade da Coruña ao estudantado de bacharelato e ciclos formativos de grao superior: os seus centros e a súas titulacións. 

o estudante terá a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que se ofertan na facultade/escola no que se inscriba, e poderá interactuar co profesorado e estudantado  do centro. 

A inscrición, que será realizada individualmente por cada estudante, será gratuita e as prazas son limitadas.

O estudantado que asista recibirá unha bolsa exclusiva da UDC.

 

Para calquera dúbida, contactar en: sape.difusion@udc.es


 

viernes, 21 de marzo de 2025

CONVOCATORIA BOLSAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2025-2026

 


O prazo de solicitude é do 24 de marzo de 2025 ás 08:00 ata o 14 de maio de 2025, ás 15:00, hora peninsular, ambos inclusive, a través da Sede Electrónica do Ministerio
 
Este prazo de presentación de solicitudes é único, xa que non haberá outro con posterioridade. Hai que solicitar a bolsa aínda que non se saiban as notas deste curso ou qué estudos se van a realizar. Os datos provisorios poderanse modificar despois.
 
Para calquera dúbida poden contactar coa Sección de Bolsas da UDC (bolsas@udc.gal).

lunes, 17 de febrero de 2025

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2025

 

La formación profesional en Galicia

Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Orde do 4 de febreiro de 2025.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.

 

jueves, 13 de febrero de 2025

2.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés no mes de xullo de 2025

 O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en España, para estudantado de bacharelato, de grao medio de FP, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de idiomas de nivel intermedio e avanzado.

 

Inscricións:

Dende o 12/02/2025 ata o 13/03/2025

 

Duración:

1 semana no mes de xullo de 2025.

Prezo:

Para completar o prezo total do curso, o alumnado aboaralle 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato. O traslado desde o domicilio ao centro de destino, e viceversa, será por conta das persoas interesadas.

 

Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008.
  • Estar matriculada/o no curso 2024-2025 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
    • Bacharelato
    • Ensinos profesionais de música e danza
    • Grao medio de Formación Profesional
    • Grao medio de Artes Plásticas e Deseño
    • Grao medio de ensinos deportivos
    • Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Obter no curso 2024-2025 unha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2024-2025, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2023-2024, na data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculadas/os en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Remuneración / Dotación:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade que se desenvolverá en réxime de internado e pensión completa.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

 

martes, 4 de febrero de 2025

GUÍA "TÍ ELIXES 2025"

 

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, coa colaboración da Rede Municipal de Información Xuvenil, publica hoxe na web educativa municipal a Guía "TI ELIXES 2025", con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego, e unha sección especial sobre estudos e titulacións de idiomas. 
Cartel

PRESENTACIÓN SOBRE A PROBA PAU E O ACCESO Á UNIVERSIDADE 2025

 Preme na imaxe para acceder á información

Matrícula ABAU para el alumnado de Bachillerato

PRESENTACIÓN SOBRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Premendo na imaxe podes acceder á presentación sobre a USC do Programa A Ponte 2025. Atoparás información sobre a oferta educativa, programas de mobilidade, residencias unversitarias, bolsas...

Asistentes a una actividad del programa A Ponte

viernes, 10 de enero de 2025

II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025)

 

II XOAP 2025 

 As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

A quen vai dirixido?:

Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os Estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás ANPA e ao público interesado.

Horario:

De tarde, en función dos estudos e centros

Prezo / Custo:

Gratuíto

As xornadas organízanse en:

  • VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
  • Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
  • E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís. 
 

Acceso ás xornadas

O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

Cando:

Dende o 10/01/2025 ata o 24/02/2025

No primeiro trimestre do curso 2024/2025:

  • Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2025: Ciclos formativos. Visitas a centros públicos de FP e á EASD Pablo Picasso.
  • O mércores 19 de febreiro, ás 17.30 h: Estudos superiores de deseño en Galicia, na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • O luns 24 de febreiro, ás 18.00 h: Charla sobre os ciclos de FP básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1).

Inscricións

  • Do 20/01/2025 ao 07/02/2025, ás 14.00 h para o alumnado matriculado en centros da cidade.
  • Do 27/01/2025 ao 7/02/2025, ás 14.00 h para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.

A solicitude en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.

MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e as charlas solicitadas non coincidan no horario.

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un PDF confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás xornadas.

Este PDF, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña poden escribir a gestionim@edu.coruna.es .

Contacto:

Servizo de Municipal de Educación

Teléfono 981 184 200 - ext. 10259

 

Documentos:

Folleto informativo das II XOAP 2025 (1 MB)

Cartel das II XOAP 2025 (136 KB)

 

 

 

miércoles, 5 de junio de 2024

“Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”

 A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”

Estas Xornadas están dirixidas ao estudantado que ven de realizar as probas das ABAU, e que vai entrar na Universidade, para que poida achegarse as titulacións de Grao que lle poidan interesar da nosa Universidade.


Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario https://forms.office.com/e/PnyEqwzmv0 indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.

O prazo de inscrición rematará o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.

Preme neste ENLACE para ver oferta de titulacións que abren as súas portas e os seus horarios.

miércoles, 29 de mayo de 2024

Destino FP! Explorando maneiras de coñecer a formación profesional

A finais do mes de xuño vai comezar o proceso de admisión nos ciclos da formación profesional, nesta actividade traballanrase de maneira conxunta as diferentes fases deste procedemento: solicitude, códigos de consulta, activación contas, etc

CANDO:  13/06/2024

INSCRICIÓNS:  Dende o 15/05/2024 ata o 11/06/2024

HORARIO:  19:00 h.

DURACIÓN: 1 hora

ENDEREZO: Naves do Metrosidero (Nave 03).

miércoles, 15 de mayo de 2024

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25

 

Xúntase a Resolución do 9 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.

 

NOTA: As/os aspirantes á especialidade de Espeleoloxía, ademais da superación das probas de acceso específicas deberán superar unha entrevista coas empresas do sector. No caso de non acudir, decaerán no seu dereito a cursar as devanditas ensinanzas.

 

lunes, 13 de mayo de 2024

Aberto prazo de admisión nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia para o curso 2024/25

 

Xa está aberto o prazo de admisión para as Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia. En Galicia hai 4 EASD’s de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia na que se imparten os graos en Deseño (equiparables aos graos universitarios) e as ensinanzas artísticas profesionais (equiparables a FP):

 

Nos seguintes enlaces podes atopar a información relativa ás probas de acceso para o vindeiro curso 2024/25:

 

Ademais, os seguintes enlaces poden ser de interese para responder algunhas das preguntas mais frecuentes sobre este proceso de admisión, nos que tamén están dispoñibles para descargar exemplos de probas de convocatorias anteriores.

Para ampliar información sobre a oferta formativa da escola Pablo Picasso de A Coruña, podes consultar os plans de estudos das diferentes especialidades que se imparten:

lunes, 29 de abril de 2024

GUÍA DE ACCESO UNIVERSITARIO 2024

 Achégase a guía universitaria Uniscopio, coa que poderás coñecer todas as universidades españolas públicas e privadas e poderás atopar información sobre os exames de acceso admisión, bolsas ou aloxamento.

Trátase dunha guía interactiva, con enlaces aos diferentes recursos.

Para acceder á guía preme no seguinte enlace:

Guía de acceso universitario 2024

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións provisionais Convocatoria 2024

 

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do 29 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Máis información

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

Publicouse a Orde do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.
  • Máis información premendo nos seguintes enlaces:

ORDE 19 de abril 2024

Extracto ORDE 19 abril 2024