jueves, 24 de abril de 2025

Modificación na normativa de acceso ás EASD

 

Supresión da proba que substitúe o bacharelato no acceso aos Graos
Tras recibir instrucións específicas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ao respecto da aplicación da Lei 1/2024, de 7 de xuño, pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais (LEA), comunicamos a supresión da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superioresagás para as persoas menores de idade a partir dos 16 anos que manifesten precocidade e que opten ao acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música e Danza, segundo o indicado no artigo 7.3 da Lei 1/2024, de 7 de xuño.

Deste xeito, para o acceso aos Graos o alumnado deberá contar co titulo de bacharelato e non haberá posibilidade de obtelo no proceso de acceso. Sí poderán obtelo a través da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (Resolución do 21 de febreiro de 2025), que para cando fumos informados, xa pechara o prazo de inscrición.

No caso do acceso ás Ensinanzas profesionais, mantense esta proba como en cursos anteriores.

Títulos de acceso directo ás Ensinanzas Profesionais (Ciclos Superiores)
As titulacións que permiten solicitar acceso directo aos Ciclos Superiores son:
  • Título de Técnico ou Técnica de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Cumprir os requisitos académicos para o acceso mediante proba e acreditar experiencia laboral relacionada coas competencias do ciclo ao que se opta de polo menos un ano.
Deste xeito, no caso de ter un título de técnico medio ou superior de Artes plásticas e deseño poderían solicitar acceso directo, aínda que non sexa da mesma familia profesional.

Solicitude de acceso directo e proba específica
Na charla impartida, comentamos a posibilidade de facer a solicitude de acceso a un ciclo dunha familia profesional a través de acceso directo e facer outra solicitude para outra familia con proba específica. 
Coa convocatoria recén publicada, soubemos que esta opción non é posible, e que cando as persoas aspirantes fan a solicitude de acceso, poden seleccionar só unha vía (acceso directo ou proba específica) pero para ciclos de calquera famlia profesional. Deste xeito, cunha soa solicitude de inscrición, pódese ter acceso a ciclos de calquera familia profesional.


No hay comentarios:

Publicar un comentario