ADORMIDERAS ORIENTA
lunes, 30 de enero de 2023
O BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES: UNHA PONTE AO GRAO EN DIRECCIÓN DA XESTIÓN PÚBLICA
miércoles, 25 de enero de 2023
PROGRAMA IDIOMAS NO MUNDO 2023
aberto o prazo de inscrición para as solicitudes de participación no programa Idiomas do Mundo 2023,
que ofrece a oportunidade ao alumnado que cursa 1º de Bacharelato o
presente curso 2022-23 de realizar unha actividade de inmersión
lingüística no verán para mellorar a súa competencia en idiomas
estranxeiros. O prazo de inscrición estará aberto desde o 25 de xaneiro ata o 9 de febreiro, ambos días incluídos.
martes, 10 de enero de 2023
SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS NA ABAU PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Persoas destinatarias: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 2º de bacharelato que se presente á ABAU. Só se farán adaptacións para estudantes que xa tiveron estas adpatacións no bacharelato.
Documentación necesaria: as solicitudes deberán facerse unicamente a través do centro no que o/a estudante realizase os estudos de Bacharelato
- autorización do interesado/a ou dun titor legal
- Certificado asinado polo director/a, secretario/a e orientador/a do centro sobre as adaptacións levadas a cabo durante o curso.
- certificado que acredite o grao de discapacidade, de ser o caso.
Prazo de solicitudes: ata o 04/02/2023
Lugar de realización das probas: a CIUG pode asignarlle ao alumno/a unha comisión delegada distinta da do seu centro. a asignación da comisión correspondente comunicaráselle ao centro educativo e o alumno/a terá a obriga de acudir a ela.
Accede a toda a información premendo na imaxe
jueves, 22 de diciembre de 2022
FUTURO ALUMNADO DA UDC
Neste ENLACE podes acceder a vídeos con charlas breves das distintas titulacións de grao impartidas na UDC, con testemuños do alumnado universitario.
Se queres máis información sobre titulacións, acceso, admisión, matrícula, bolsas ou vida universitaria da UDC preme na imaxe.
BOLSAS CANADÁ 2023/2024
O Concello de A Coruña convoca o programa "Coruña no mundo: bolsas canadá 2023/2024", no que se lle ofrece ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade de A Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá (equivalente a 1º de bacharelato).
O plazo de presentación de solicitudes vai do 9 ao 23 de xaneiro.
Podes consultar os requisitos, contía, criterios de baremación e outros datos de interese premendo na imaxe.
martes, 20 de diciembre de 2022
INFORMACION PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
Accede a información sobre orientación académica e profesional dixida ao alumnado do segundo curso de Bacharelato premendo na imaxe
lunes, 19 de diciembre de 2022
PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL. CONVOCATORIA 2023
Accede ao texto da Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo que se convocan para o ano 2023. A data prevista de publicación no DOG é o 5 de xaneiro de 2023.
Preme na imaxe
Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao
superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre
os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior