Os días 10 e 11 de abril de 2025 en horario de tarde no Campus da Coruña van ter lugar unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a Universidade da Coruña ao estudantado de bacharelato e ciclos formativos de grao superior: os seus centros e a súas titulacións.
o estudante terá a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que se ofertan na facultade/escola no que se inscriba, e poderá interactuar co profesorado e estudantado do centro.
A inscrición, que será realizada individualmente por cada estudante, será gratuita e as prazas son limitadas.
O estudantado que asista recibirá unha bolsa exclusiva da UDC.
Para calquera dúbida, contactar en: sape.difusion@udc.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario