O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en España, para estudantado de bacharelato, de grao medio de FP, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de idiomas de nivel intermedio e avanzado.
Inscricións:
Dende o 12/02/2025 ata o 13/03/2025
Duración:
1 semana no mes de xullo de 2025.
Prezo:
Para completar o prezo total do curso, o alumnado aboaralle 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato. O traslado desde o domicilio ao centro de destino, e viceversa, será por conta das persoas interesadas.
Requisitos:
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008.
- Estar matriculada/o no curso 2024-2025 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
- Bacharelato
- Ensinos profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de Artes Plásticas e Deseño
- Grao medio de ensinos deportivos
- Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
- Obter no curso 2024-2025 unha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2024-2025, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios).
- Ter aprobadas todas as materias do curso 2023-2024, na data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculadas/os en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.
- Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
Remuneración / Dotación:
A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade que se desenvolverá en réxime de internado e pensión completa.
Páxina web:
No hay comentarios:
Publicar un comentario