Para o acceso  aos  estudos  superiores  de  Deseño,  en  calquera  das  súas  especialidades,  requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, así como a superación da correspondente proba específica. 
 Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato. 
 O  prazo  de  presentación  das  solicitudes  comprenderá  desde  o 14 de maio  ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.
 Con  carácter  xeral,  as  solicitudes  deberán  realizarse  de  xeito  telemático  cubrindo  o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital  ou  sistema  de  usuario  e  clave  Chave365  (https://sede.xunta.gal/chave365).  Non  obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das esco-las de arte e superiores de deseño.
 As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño desenvolveranse o día 3 de xullo na EASD Pablo Picasso da Coruña. 
 A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación e cumpran 18 anos no 2019,  terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela. 
No hay comentarios:
Publicar un comentario