Consulta nos seguintes enlaces a oferta de ciclos de formación de grao básico dispoñibles para o vindeiro curso 2023/2024
Consulta nos seguintes enlaces a oferta de ciclos de formación de grao básico dispoñibles para o vindeiro curso 2023/2024
no vindeiro curso académico 2023/24 a Universidade de Vigo incorpora á oferta formativa da universidade o Grao en Deseño, con especialidades en Deseño gráfico/dixital e Deseño de Moda.
Ofertaranse 45 prazas para esta titulación implantada no Campus de Pontevedra, Campus CREA S2i.
O itinerario formativo complétase co Mestrado en Deseño e dirección Creativa en Moda (21 prazas) e con dous programas de doutoramento: Programa de Doutoramento en Creatividade e innovación social sostible (20 prazas) e Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea (10 prazas).
Pode consultar a información detallada en https://deseno.uvigo.gal/ ou contactar a través do correo electrónico deseno@uvigo.gal.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria de axudas para alumnas e alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o vindeiro curso académico 2023-2024.
Máis información no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
O prazo para a entrega de solicitudes estará aberto entre o 8 de maio e o 20 de setembro de 2023
O venres 23 de xuño celebrarase unha Xornada de Portas Abertas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña. Nela daranse a coñecer as titulacións de grao que se imparten no centro, así como os seus principais laboratorios.
Trátase dunha xornada aberta a todo o público e dirixida especialmente ao futuro alumnado procedente de bacharelato ou de ciclos superiores de FP.
O prazo para inscribirse remata o día 21 de Xuño ás 14:00 horas e podes facelo cubrindo o seguinte formulario:
https://forms.office.com/e/T1fyW28vcN
(a asignación das prazas se fará por orde de incrición)
Tes máis información destas xornadas de portas abertas premendo no seguinte ENLACE
Un ano máis, a Universidade de Vigo organiza unha Xornada de Portas Abertas 2023 en modalidade presencial que terá lugar o día 13 de xuño no Campus de Vigo.
O obxectivo é dar a coñocer os centros da UVigo así como as titulacións que neles se imparten.Trátase dunha actividade aberta a todo o alumnado que se presente as probas ABAU, Bacharelato, ciclos de FP, familias e ANPAS, así como ao profesorado e persoal de orientación dos centros educativos.
No seguinte enlace figura toda a información relativa á Xornada https://www.uvigo.gal/ven-uvigo/centros-secundaria/orientacion-academica/portas-abertas
Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24.
Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.