jueves, 23 de mayo de 2019

ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO. CURSO 2019-2020.


Resultado de imagen de artes plasticas  e deseño xunta

 Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior os/as aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en Artes Plásticas e Deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza.

 As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de  bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso. Estas persoas, no momento de formalizaren a matrícula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditarque están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada se houber vacantes.
 Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión do título de bacharelato, modalidade de Artes.

INSCRICIÓN:  na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
PRAZO: do 23 de amio ata o 25 de xuño.
PROBAS: As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, rúa da Virxe da Cerca, no 32, Santiago de Compostela,nos días e ás horas que se indican a seguir:
 - Proba de madureza: día 3 de xullo.
 - Proba específica para todas as familias profesionais: día 15 de xullo.

ENLACE CON TODA A INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario