lunes, 13 de mayo de 2019

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/2020

Resultado de imagen de conservacion y restauracion


 Para o acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, así como a superación da correspondente proba específica. 
Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan penden-te algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admi-sión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o 14 de maio ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.  
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
 Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
As probas específica de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restau-ración de Bens Culturais desenvolveranse o día 4 de xullo na da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 

A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación e cumpran 18 anos no 2019, celebrarase o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela. 

ENLACE CON TODA A INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario