martes, 18 de mayo de 2021

ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS (curso 2021/22)

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:

        desde el 19 de maio  ao  17 de xuño

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira  telemática cubrin-do o formulario dispoñible en   www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías da escola  superiores de conservación e restauración de Galicia. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

 Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia (Pontevedra).

 Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:

A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 28 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.

 As probas específicas  desenvolveranse o día 6 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Resolución

No hay comentarios:

Publicar un comentario