martes, 18 de mayo de 2021

ACCESO E ADMISIÓN AS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (curso 2021/22)

  Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:

        Desde el 19 de maio  ao  17 de xuño

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrin-do o formulario dispoñible en   www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas.

Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia, a especialidade que dese-xan cursar así como a escola en que desexan acceder. Poderanse solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, os/as aspirantes deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de Deseño de Galicia en que desexan realizar as ditas probas.

 Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría de calquera das escolas de arte e superiores de deseño

Lugar, datas e desenvolvemento das probas:

A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 28 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.

 As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño desenvolve-ranse o día 6 de xullo nas catro Escolas de Arte e Superiores de Galicia (EASD), segundo figura no anexo II da resolución.

Mirade toda a resolución 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario