lunes, 13 de mayo de 2019

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020

Resultado de imagen de arte dramático 

 Para o acceso aos estudos superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos,  así como a superación da correspondente proba específica. 
Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan penden-te algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admi-sión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o 14 de maio ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos. 
 Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certifica-do dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola su-perior de Arte Dramática de Galicia.
 Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática.
As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática daráncomezo o día 1 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
 A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación e cumpran 18 anos no 2019,  terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario