lunes, 13 de mayo de 2019

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/2020

 Resultado de imagen de estudios musica
  Para o acceso aos estudos superiores de Música, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, así como a superación da correspondente proba específica. 
Prazo do 14 de maio ó 7 de xuño. ambos incluídos.
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos con-servatorios superiores de música de Galicia. 
 Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
 As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 20 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.

 A proba  para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación e cumpran 18 anos no 2019, terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela

ENLACE A TODA A INFORMACIÓN 

No hay comentarios:

Publicar un comentario