A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2019: campamentos en Galicia e noutras Comunidades Autónomas.
DURACIÓN: quendas de entre 1 ou 2 semanas durante os meses de xullo, agosto e setembro
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 23 de abril ao 7 de maio de 2019
Cada mozo/a poderá cubrir unha única solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de 5 quendas ou actividades
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

REQUISITOS:
- Mozos/as galegos/as residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos (os/as nacidos/as no 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento e os/as nacidos/as no 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento)
- Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar
- Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
- As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar sempre que: - Fagan constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude. - Que no certificado de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda dunha 3ª persoa. - Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. - En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
MÁIS INFORMACIÓN:
Consellería de Política Social
D.X. Xuventude, Participación e Voluntariado
Xefatura Territorial da Coruña
CC. Elviña. R/ Salvador de Madariaga, 9-1º (15008 - A Coruña)
Tel.: 881 88 12 40 / 881 88 12 38 / 881 88 12 39

No hay comentarios:
Publicar un comentario