A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da actividade formativa STEMweek, dirixida á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.
En total ofértanse 200 prazas para
alumnas e alumnos de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, nunhas
estadías que se desenvolverán no Centro Residencial Docente (CRD) da
Coruña.
A STEMweek desenvolveranse en dúas quendas (a primeira do 25 ao 31 de
agosto e a segunda do 1 ao 7 de setembro) e terá carácter gratuíto para
as familias.
Poderá solicitar a participación na STEMweek o alumnado que estea
cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral,
en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19 en
Galicia, que teña superadas todas as materias no curso 2017/18 cunha
cualificación mínima de 6 na materia de inglés. Para puntuar e baremar
as solicitudes recibidas teranse en conta a nota media do expediente no
curso pasado, a renda per cápita da unidade familiar, a pertenza a
familia numerosa e a discapacidade igual ou superior ao 33% ou
pensionista de grande invalidez dalgún membro da unidade familiar en
primeiro grao.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial
en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora
do procedemento administrativo común.
O prazo para presentación das
mesmas será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous
incluídos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario