jueves, 29 de mayo de 2025

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025

 

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:

  • Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).

  • Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de presentación de solicitudes de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.

 

jueves, 24 de abril de 2025

Resolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2024/25

 

Xúntase a Resolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2024/25.

 


Modificación na normativa de acceso ás EASD

 

Supresión da proba que substitúe o bacharelato no acceso aos Graos
Tras recibir instrucións específicas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ao respecto da aplicación da Lei 1/2024, de 7 de xuño, pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais (LEA), comunicamos a supresión da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superioresagás para as persoas menores de idade a partir dos 16 anos que manifesten precocidade e que opten ao acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música e Danza, segundo o indicado no artigo 7.3 da Lei 1/2024, de 7 de xuño.

Deste xeito, para o acceso aos Graos o alumnado deberá contar co titulo de bacharelato e non haberá posibilidade de obtelo no proceso de acceso. Sí poderán obtelo a través da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (Resolución do 21 de febreiro de 2025), que para cando fumos informados, xa pechara o prazo de inscrición.

No caso do acceso ás Ensinanzas profesionais, mantense esta proba como en cursos anteriores.

Títulos de acceso directo ás Ensinanzas Profesionais (Ciclos Superiores)
As titulacións que permiten solicitar acceso directo aos Ciclos Superiores son:
  • Título de Técnico ou Técnica de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Cumprir os requisitos académicos para o acceso mediante proba e acreditar experiencia laboral relacionada coas competencias do ciclo ao que se opta de polo menos un ano.
Deste xeito, no caso de ter un título de técnico medio ou superior de Artes plásticas e deseño poderían solicitar acceso directo, aínda que non sexa da mesma familia profesional.

Solicitude de acceso directo e proba específica
Na charla impartida, comentamos a posibilidade de facer a solicitude de acceso a un ciclo dunha familia profesional a través de acceso directo e facer outra solicitude para outra familia con proba específica. 
Coa convocatoria recén publicada, soubemos que esta opción non é posible, e que cando as persoas aspirantes fan a solicitude de acceso, poden seleccionar só unha vía (acceso directo ou proba específica) pero para ciclos de calquera famlia profesional. Deste xeito, cunha soa solicitude de inscrición, pódese ter acceso a ciclos de calquera familia profesional.


martes, 22 de abril de 2025

Convocatoria e instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26

 Resolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:

- Para aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 13 de xuño de 2025.

- Para aspirantes que NON soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 26 de xuño de 2025.

 

A tramitación para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática:  https://www.edu.xunta.gal/eas/

A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes. (consultar a guía de acceso).

viernes, 4 de abril de 2025

Encontros Virtuais na Zona USC

 os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 14 e 15 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (os contidos están actualizándose).

Na mesma, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.
 

Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia, Centro de Linguas Modernas, ...

miércoles, 26 de marzo de 2025

UDC XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Universidade Da Coruña | iAgua 

 Os días 10 e 11 de abril de 2025 en horario de tarde no Campus da Coruña van ter lugar unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a Universidade da Coruña ao estudantado de bacharelato e ciclos formativos de grao superior: os seus centros e a súas titulacións. 

o estudante terá a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que se ofertan na facultade/escola no que se inscriba, e poderá interactuar co profesorado e estudantado  do centro. 

A inscrición, que será realizada individualmente por cada estudante, será gratuita e as prazas son limitadas.

O estudantado que asista recibirá unha bolsa exclusiva da UDC.

 

Para calquera dúbida, contactar en: sape.difusion@udc.es


 

viernes, 21 de marzo de 2025

CONVOCATORIA BOLSAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2025-2026

 


O prazo de solicitude é do 24 de marzo de 2025 ás 08:00 ata o 14 de maio de 2025, ás 15:00, hora peninsular, ambos inclusive, a través da Sede Electrónica do Ministerio
 
Este prazo de presentación de solicitudes é único, xa que non haberá outro con posterioridade. Hai que solicitar a bolsa aínda que non se saiban as notas deste curso ou qué estudos se van a realizar. Os datos provisorios poderanse modificar despois.
 
Para calquera dúbida poden contactar coa Sección de Bolsas da UDC (bolsas@udc.gal).