A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas), para informar sobre a súa oferta educativa nas diferentes titulacións: - Dirección escénica e dramaturxia. - Escenografía. - Interpretación.
Cada departamento ofrece unha presentación, dunha hora de duración, a través da plataforma Webex Cisco Meeting (non é preciso ter a aplicación instalada).
Tamén poderás charlar con alumnado matriculado das distintas especialidades para dar resposta a diferentes cuestións:
- Por que realizar estudos de artes escénicas?
- Cal é a oferta educativa da ESADg?
- Que competencias se adquiren en dirección escénica e dramaturxia? E en escenografía e interpretación?
- Cal é a relación co ámbito profesional?
- Como van desenvolverse as probas de acceso?
- Dúbidas e preguntas.
Cando:05/05/2022
Inscricións:Ata o 04/05/2022
Horario:dende as 16:30h.
Prezo:de balde.
COMO
PARTICIPAR? Confirma a túa asistencia enviando un correo electrónico
segundo a túa especialidade de interese, co teu nome e apelidos e correo
electrónico. O día da reunión, recibirás unha mensaxe dez minutos antes
do seu comezo, cun enlace para poder acceder á videoconferencia.
- Dirección escénica e dramaturxia: danisalgado@edu.xunta.gal
- Interpretación: noeliablanco@edu.xunta.gal
- Escenografía: anarteaga@edu.xunta.gal
R/ Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)
tel.: 986 246 399 (de 9:00 a 18:00h.)
Máis información premendo na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario