MATRÍCULA ANTICIPADA: 7-25 de Maio (alumnado que obtivese o título de Bacharelato antes do curso 2021/2022)
MATRÍCULA ORDINARIA: 19-23 de Maio (alumnado que teña superado o Bacharelato na convocatoria ordinaria deste curso 2021/2022)
MATRÍCULA EXTRAORDINARIA: alumnado que obteña resolución favorable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato. Matriculación das 9:00 ás 14:00 horas do día seguinte a comunicación da resolución.
- Procedemento: realizarase a través da aplicación Nerta
- coa prematrícula xérase unha conta de usuario en Nerta. despois de activar a conta o alumnado pode acceder a Nerta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante.
- para realizar o pagamento a través de ABANCA é preciso imprimir o impreso de autoliquidación. unha vez aboados os prezos deberase entregar copia do xustificante de ingreso no centro correspondente para que reflicta a realización do pagamento en Nerta.
- Documentación: fotocopia DNI/pasaporte, xustificante de pagamento (só o alumnado que non realizou o pagamento de forma telemática a través de Nerta), impreso matrícula na ABAU debidamente cumprimentado, fotocopia título de Bacharelato.
- Prezos públicos: 63,67 Euros. Familia numerosa categoría xeral: 31,84 euros, familia numerosa categoría especial: gratuíta, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, vítimas de terrorismo ou violencia de xénero: gratuíta, persoal das universidades do SUG: gratuíta.
Acceso a toda a información no seguinte ENLACE
LUGARES DE RECOLLIDA E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario