Terán
acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio as persoas
aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a)
Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou
equivalente
para efectos académicos e superar unha proba específica.
b)
As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os
efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza, ademais
da correspondente proba especíca.
Terán
acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os
aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a)
Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para os efectos
académicos,e
superar a correspondente proba específica.
b)
As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou
equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove
anos( cumprilos dentro do ano de realización da proba) e superar a proba de madureza.
Estará exento de realizar a proba específica de
acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea
en posesión do título de bacharel modalidade de artes.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN
|
Do 10 ó 20 de xuño (grao medio)
Do 10 ó 21 de xuño (grao superior)
|
|
LUGAR DE INSCRICIÓN
|
Escola de artes e superiores de deseño pública elixida
en primeira opción ou na escola pública na que estea adscrito
|
|
DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS
|
Grao
medio:
Madurez: 5 de setembro
Específica: 11 de setembro
Lugar: nas
escolas de arte
e superiores de deseño en que se
inscribisen as persoas aspirantes
|
Grao
superior:
Madurez: 29 de xuño
Específica: 7 de xullo
Lugar: EASD
Mestre Mateo( Santiago de Compostela)
|
RECLAMACIÓNS
|
Prazo de 2 días
hábiles a partir da publicación das cualificacións.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario