O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso, vai poñer en marcha unha nova edición das XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTISTICA E PROFESIONAL 2024, ca novidade de que este ano centraranse exclusivamente nos estudos de FP e ensinazas artísticas profesionais e Superiores de Deseño.
As datas das ditas Xornadas son do 15, 16 17 e 22 de abril de 2024.
O prazo de inscrición será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.
A
solicitude en liña farána directamente a persoa interesada en acudir ás
Xornadas a través da ficha de inscrición (no QR do folleto ou https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/xornadas-de-orientacion-artistica-e-profesional-xoup-2024/contenido/1453839255943), indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais.
Unha
vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a
inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOAP. Este PDF
envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
As sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas, pódense consultar no noso canal de youtube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qvXJ0y4QHsfZbme42cUB9t4
Para consultaros horarios e oferta das xornadas preme neste ENLACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario