A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da UVIGO celebra o vindeiro 11 de abril de 2024 de 16:00h a 18:30h a II Xornada de Portas Abertas Teleco, co obxectivo de presentar aos estudantes interesados e as súas familias os estudos de Enxeñaría de Telecomunicación.
En que consistirá?
Faremos un percorrido polas instalacións da EET (aularios, laboratorios, biblioteca, cafetería, …) mostrando o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no noso centro.
Todas as persoas que asistan poderán experimentar, coa guía do equipo de docentes e investigadores/as da Escola, a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación nos nosos laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, experiencia con drones e coñecer a nosa ampla experiencia en satélites, entre outras sorpresas.
Esta xornada celebrarase conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España.
Esperamos que esta actividade teña éxito para o que necesitamos da vosa axuda na difusión desta actividade entre o alumnado do voso centro educativo. Agradeceriamos moito que informedes ao voso alumnado desta actividade e os animedes a participar!
Para
coñecer con anterioridade cántas persoas van asistir necesitamos que se
realice unha inscrición no formulario que atoparedes na nosa web ou
escaneando o QR que tedes no cartel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario