martes, 10 de enero de 2023

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS NA ABAU PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 Persoas destinatarias: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 2º de bacharelato que se presente á ABAU. Só se farán adaptacións para estudantes que xa tiveron estas adpatacións no bacharelato.

Documentación necesaria: as solicitudes deberán facerse unicamente a través do centro no que o/a estudante realizase os estudos de Bacharelato

  • autorización do interesado/a ou dun titor legal 
  • Certificado asinado polo director/a, secretario/a e orientador/a do centro sobre as adaptacións levadas a cabo durante o curso.
  • certificado que acredite o grao de discapacidade, de ser o caso.

Prazo de solicitudes: ata o 04/02/2023

Lugar de realización das probas: a CIUG pode asignarlle ao alumno/a unha comisión delegada distinta da do seu centro. a asignación da comisión correspondente comunicaráselle ao centro educativo e o alumno/a terá a obriga de acudir a ela.

Accede a toda a información premendo na imaxe

Logo CiUG

No hay comentarios:

Publicar un comentario