Os días 23, 24 e 25 de marzo, martes, mércores e xoves da próxima semana terán lugar os “Encontros Virtuais na Zona USC” dirixidos ao estudantado de Bacahrelato a través da páxina Web da USC:
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Dende esta páxina poderás enlazar con todas as páxinas dos Encontros. Esta páxina xa está operativa e estará aberta de forma continua.
O Acto de Inauguración terá lugar o martes, 23 de marzo, ás 12h., presidido polo reitor da Universidade. A continuación o profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC e director da “Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica” e do “Centro Nacional de Genotipado”, pronunciará unha conferencia co título “Proxectos e ilusións”. Falará dos seus proxectos e ilusións.
O Acto de Clausura terá lugar o xoves, 25 de marzo, ás 18h. A escritora Érica Esmorís (Licenciada en Veterinaria no Campus de Lugo da USC) pronunciará a conferencia final co título “Non hai punto e final”. Falará sobre a elección de carreira: elixir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional.
Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:
o Presentacións das titulacións
o Opinión dos estudantes sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación.
A través deses enlaces o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas nos horarios indicados. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario