O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 5 de ABRIL de 2024, a III Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol.
Quenda de mañá - de 09:30 a 13:45 horas - Colexios e institutos (irán acompañados dun/ha profesor por cada itinerario. Se non fose posible, contactar con campus.industrial@udc.gal)
Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)
O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:
*Non se pode realizar máis dun só itinerario ao mesmo tempo
1. Ciencias da Saúde:
a. Facultade de Enfermaría e Podoloxía
2. Ciencias Sociais e Xurídicas + Artes e Humanidades
a. Facultade de Humanidades e Documentación
i.Grao en Xestión Industrial da Moda
ii. Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación
iii.Grao en Relacións Inernacionais
b. Facultade de Ciencias do Traballo
i.Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
3. Enxeñaría
a. Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
ii.Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
iii.Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
iv.Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica
v.Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL)
vi.Grao en Enxelaría Electróncia Industrial e Automática
vii.GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso)
b. Escola Universitaria en Deseño Industrial
i.Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto
Debes formalizar a túa inscrición na III Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol antes das 14:00 horas do VENRES 22 de MARZO de 2024 no seguinte enlace -> https://forms.office.com/e/wbra374WgT
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña en https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree
No hay comentarios:
Publicar un comentario