viernes, 16 de febrero de 2024

Programa idiomas no mundo

 

▷ Idioma Irlandés ☘️ Dos Lenguajes Oficiales 【 Datos 2024 】

Desde o Servizo Municipal de Educación informan de que nos próximos días procederase á publicación das bases e a apertura do prazo de inscrición para participar no programa Idiomas do Mundo 2024, que permitirá a estancia en Irlanda durante un mes de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, nunha iniciativa de inmersión lingüística destinada a mellorar o dominio do inglés e achegar unha experiencia noutra cultura ao alumnado participante.

Serán un mínimo de 30 prazas e as estancias desenvolveranse en xullo ou agosto deste ano. O programa inclúe aloxamento, as clases de inglés, a programación de actividades culturais e lúdicas paralelas, así como o desprazamento entre a localidade irlandesa que se estableza e A Coruña, contando ademais con persoal que acompañará aos participantes para dar apoio no que poida ser preciso.

As estancias poden ser gratuítas ou poden estar cofinanciadas polos participantes, contando en todo caso todas elas cunha achega económica municipal, establecida en base a uns criterios de renda que están detallados nas bases.

Tal como se recolle nas bases, para participar no programa é imprescindible, entre outros requisitos, ter aprobadas todas as materias do pasado curso de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato e ter polo menos unha nota media de 7 no devandito curso e na materia de inglés, estar empadroado na cidade, ademais de estar matriculado neste curso nun centro educativo da Coruña.

Por parte dos centros será necesario achegar ao alumnado un certificado das notas de 4º de ESO e outro da matriculación en 1º de Bacharelato deste curso.

En breve remitiranse desde o Servizo Municipal de Educación  as bases que regulan o programa e comunicarase a apertura do prazo para que as persoas interesadas poidan formalizar a inscrición, que en todo caso será de dez días hábiles.
 Para unha maior información, preme neste enlace  ou chama ao Servizo de Educación, 981 184200, extensión 10911.


No hay comentarios:

Publicar un comentario