miércoles, 31 de mayo de 2023

Xornada de Portas Abertas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña

  

O venres 23 de xuño celebrarase unha Xornada de Portas Abertas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña. Nela daranse a coñecer as titulacións de grao que se imparten no centro, así como os seus principais laboratorios.

Trátase dunha xornada aberta a todo o público e dirixida especialmente ao futuro alumnado procedente de bacharelato ou de ciclos superiores de FP.

O prazo para inscribirse remata o día 21 de Xuño ás 14:00 horas e podes facelo cubrindo o seguinte formulario:

https://forms.office.com/e/T1fyW28vcN 

(a asignación das prazas se fará por orde de incrición)


 Tes máis información destas xornadas de portas abertas premendo no seguinte ENLACE

No hay comentarios:

Publicar un comentario