martes, 28 de marzo de 2023

XORNADAS PORTAS ABERTAS EASD MESTRE MATEO

 EASD Mestre Mateo | Santiago de Compostela 

O mércores e xoves desta semana (29 e 30 de marzo) a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo organiza visitas guiadas destinadas a persoas interesadas en estudar na Escola a partir do curso que vén, pensadas para aqueles/as estudantes que queren vir pola súa conta ou acompañados/as polos/as seus pais/nais ou titores... Durante aproximadamente 1 hora e media realizaremos unha visita polas instalacións e trataremos de dar resposta ás dúbidas que poidan xurdir.

Por motivos de aforo só se poderá asistir mediante reserva de cita previaAs persoas interesadas en realizar a visita poden reservar día e hora a través da aplicación que está dispoñible desde as seguintes ligazóns:


Quero asistir á Xornada de Portas Abertas o MÉRCORES 29 de MARZO (Seleccionar o turno desexado):

Quero asistir á Xornada de Portas Abertas o XOVES 30 de MARZO (Seleccionar o turno desexado):

 Para aquelas persoas que non puideran asistir ou que non conseguiran praza para a visita, pódese descargar a Guía de Ensinanzas da EASDMM nesta ligazón: https://easd.es/wp-content/uploads/2023/03/guia-EASDMM-1.pdf.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario