martes, 7 de marzo de 2023

“XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL - XOUP 2023”

 

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña xunto coa Universidade da Coruña organiza as “XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL - XOUP 2023” nas que tamén colaboran as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, os centros de FP da cidade e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
 
As datas de celebración son as seguintes:
  • Do 20 ao 24 de marzo presentación dos estudos universitarios na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña). Tamén haberá unha mesa sobre os estudos militares e de policía.
  • Do 27 ao 30 de marzo visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos.
  • O 30 de marzo presentación dos Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.
No seguinte enlace poden ver toda a información relativa á edición deste ano, e o enlace á ficha de inscrición que estará aberto do 6 ao 16 de marzo.
 
 
Destacar as seguintes novidades na edición deste ano:
  • A inscrición faina directamente a persoa que vai a asistir ás Xornadas, para esto deben de facilitar un correo electrónico de contacto que será ao que lle enviarán as credenciais para acceder ás XOUP. No caso de precisar facer algún cambio na solicitude poderán facelo empregando a clave que se lle facilita ao correo electrónico, unha vez que fai a inscrición inicial.
  • Este ano non enviaremos trípticos aos centros, xa que imos optar pola edición dixital. O que sí faremos é enviar algúns cartaces para a difusión das XOUP no centro. Este documento ten un código QR que permite o acceso directo á información do programa na web de educación.
  • O espazo de celebración das mesas universitarias é diferente do doutros anos. Realizaranse na Escola Técnica Superior da Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, ubicada no Campus de Elviña.
  • As mesas universitarias que se imparten na semana do 20 ao 24 de marzo vanse grabar e emitir con posterioridade no canal de YouTube da Concellaría de Educación @CorunaEducaMemoria

No hay comentarios:

Publicar un comentario