miércoles, 20 de abril de 2022

UNIFERIA GRAOS 2022

 Os vindeiros días 26 e 27 de abril en horario de 9:00 a 18:00 horas celebrarase a feira virtual dos estudos de grao das universidades españolas. O futuro alumnado poderá visitar as casetas virtuais das distintas universidades participantes e facer consultas en directo.

Nesta ligazón podes ver un vídeo descritivo de Uniferia Graos 2022 e das posibilidades que ofrece

https://www.youtube.com/watch?v=PbNK5DW0W3k

Accede a máis información sobre o evento, rexístrate e consulta as universidades participantes premendo na seguinte imaxe 


No hay comentarios:

Publicar un comentario