miércoles, 16 de marzo de 2022

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC

 

 Simbolo_logo_cor

 A Universidade da Coruña celebrará de xeito virtual os vindeiros Mércores 30 e Xoves 31 de Marzo entre as 16:00 e as 20:00 horas unhas xornadas de portas abertas dirixidas ao futuro colectivo de estudantes nas que será posible:

  • Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que se poderán facer consultas aos relatores. 
  • Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.  
  • Participar nos retos e obradoiros, nos que se poderán conseguir premios. 

 

As Xornadas comezarán coa charla en directo sobre as ABAU - PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante a  CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022. 

 Podes visitar a última edición das Xornadas virtuais na seguinte ligazón: 

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/

Recorda que tamén podes achegarte á UDC, accedendo a as actividades de divulgación que desde esta universidade se organizan a través da web 

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/  

  • Visita ás Facultades/Centros 
  • Visita aos Centros de Investigación 
  • Charlas de divulgación científica 

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario