miércoles, 10 de abril de 2019

Bolsas para o programa Campus de Profundización Científica

 O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para participar no programa Campus de profundización científica para estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria en Soria.

CANDO: o Campus desenvolverase en 2 quendas, de 40 estudantes cada un, que terán lugar:
- 1ª quenda: do 3 ao 11 de xullo de 2019
- 2ª quenda: do 15 ao 23 de xullo de 2019

INSCRICIÓNS: a ta o 25/04/2019 na web do Ministerio de Educación e FP

REQUISITOS:
- Estudantes que no curso escolar 2018/2019 estean a cursar ensinos de 4º curso de ESO, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos.
- Que obtivesen unha nota media no curso 2017/2018 superior ou igual aos 9 puntos.
- Que durante o curso 2018/2019, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas orientadas aos ensinos académicos, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.

DOTACIÓN:
- A bolsa cobre a matrícula no campus, materiais, actividades, aloxamento, asistencia por persoal e manutención do alumnado que contarán, así mesmo, cun seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- O traslado desde os lugares de orixe ata o Campus,e viceversa, será por conta dos/as participantes.

MÁIS INFORMACIÓN:
Ministerio de Educación e Formación Profesional
Los Madrazo, 15 (28014 - Madrid)
Tel.: 910 837 937
Tel. de información 060
Web: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares/campus-profundizacion-cientifica.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario