martes, 22 de mayo de 2018

ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, GRAO SUPERIOR (Curso 2018-20199)

Resultado de imagen de ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO,


REQUISITOS DE ACCESO (entre outros):

Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos e superar a correspondente proba específica. Estará exento de realizar a proba específica que teña o título de bacharelato na modalidade de Artes.
As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato poderanse presentar á proba específica de acceso, ben que no momento de formalizar a matrícula no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida e poderán optar á praza solicitada se houbese vacantes.
As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato deberán ter dezanove anos, e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
- INSCRICIÓN:
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes
ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
O prazo de inscrición é dende o 23 de maio ao 25 de xuño.
- DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:
As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte
e Superior de Deseño Mestre Mateo, Santiago de Compostela, nos días e ás horas que se indican a seguir:
  • Proba de madureza: día 3 de xullo.
– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía.
As persoas aspirantes seleccionarán tres destas materias e desenvolverán por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas.
– Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte. O tempo máximo para realizar esta proba será de tres horas.
  • Proba específica para todas as familias profesionais: día 10 de xullo.
– Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
– Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
– Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.
- MATRÍCULA:
Do 23 ao 30 de xullo ambos incluídos.
 
Toda la informacion 

No hay comentarios:

Publicar un comentario