Terán acceso ás ensinanzas
profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que
cumpran calquera dos seguintes requisitos:
Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para efectos académicos, e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezanove anos, ou os dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.
Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión do Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
Inscrición para o
acceso e admisión
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría
dasescolas públicas en que se impartan as correspondentes
ensinanzasprofesionais de artes plásticas e deseño,
O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da
presente te resolución no DOG ata o día 20 de xuño para os ciclos de grao superior
e ata o 26 de xullo para os ciclos de grao medio.
Desenvolvemento das
probas
As probas de acceso ás ensinanzas de
grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
en Santiago de Compostela,
nos días e nas horas que se indican a seguir:
1. Proba de madureza: 27 de xuño.
A proba de madureza realizarase nas
horas que se indican a seguir:
– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00
horas.
-
Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.
2. Proba específica para todas as familias profesionais: 7 de xullo.
Primeiro exercicio: das 10.00 ás
11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás
14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás
19.00 horas.
Os aspirantes que obteñan praza,
asignada por resolución dos tribunais avaliadores, deberán formalizar a súa
matrícula entre os seguintes días:
– Grao medio: do 14 ao 19 de
setembro, ambos os dous inclusive.
– Grao superior: do 19 ao 26 de
xullo, ambos os dous inclusive.
Establécese un prazo extraordinario
de matrícula do 9 ao 14 de setembro, ambos os dous incluídos, co obxecto de que
os aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de
bacharelato ou da ESO poidan acreditar a súa superación, no momento de
formalizar a matrícula
No hay comentarios:
Publicar un comentario