Prazo de inscrición nas probas: Do 6 ao 10 de xullo de 2015. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 2 de setembro.
Celebración da proba de madureza: O 2 de setembro de 2015 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.
- Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 8 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 9 de setembro ás 10.00 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
- Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 9 de setembro ás 9.30 horas.
- Na modalidade de Fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro ás 10.00 horas.
- Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 11 de setembro ás 10.00 horas.
- Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 14 de setembro ás 10.00 horas.
- Na modalidade de Hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz-Balneario, o día 15 de setembro ás 10.00 horas.
A
inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría
dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa
excepción dos aspirantes á especialidade de hípica, que se imparte no
CPR Cemar Mondariz; e de vela, que se imparte no CPR Santa Apolonia, que
se fará nos centros públicos aos que están adscritos.
Prazo de matrícula nas ensinanzas deportivas: Desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 18 de setembro de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario