A Unidade de Psicoloxía da USC elaborou un informe sobre o Uso de Internet entre os adolescentes galegos .
O noso centro participuo neste estudio. Os obxectivos eran coñecer os hábitos de uso de INTERNET e novas Tecnoloxía dos adolescentes galegos, para dispor de datos estimativos do volume de adolescentes que poderían estar realizando un uso problemático ou pouco saludable da REDE
Os resumo dos resultados obtidos polo alumnado de ESO do instituto foron os seguintes:
- O 74,7% dos noso alumnos utiliza internet a diario. O 17,7% conéctase máis de 5 horas ao día (27,7% na fin de semana)
- O 98,5% dispón de teléfono móbil e o 93,8% está rexistrado nalgunha rede social (o 50,8% en máis de tres)
- O móbil é a vía principal de acceso a internet seguido do ordenador de sobremesa
- So o 52,3% dos pais controlao uso e iternet que fai o seu fillo/a
- O 23,1% ten discusións frecuentes na casa por mor de internet e o 28,7% por mor do móbil
- O 13%sentiuse ameazado ou acosado a través de internet no último ano e o 10,7% ameazou ou acosou a alguén
- Detectouse un 1,5% de sexting e o 24,4,@ recoñece ter contactado con descoñecidos a través da rede
- O 82,4 % dos nosos mozos/as están a facer un uso axeitado darede, aínda que o 3,1€ estaría facendo un uso problematico da mesma
No hay comentarios:
Publicar un comentario